Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE TRES POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DA BOLA

10 Ago 2019

Son pra un/ha técnico/a coordinador/a e dous/dúas monitores/as para o programa de fomento da conciliación

O concello da Bola fai público no BOP do 10 de agosto que, por resolución da alcaldesa, con data 7 de agosto de 2019, aprobáronse as bases para a selección e posterior contratación dun/a técnico/a coordinador/a e dous/dúas monitores/as para o Programa de fomento da conciliación no concello da Bola. Duración do contrato: o contrato será de duración determinada, dende a contratación ata o día 30 de setembro de 2019. Clase de persoal: laboral temporal. Prazo de presentación das solicitudes: nos dous días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro xeral do concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres ou por calquera dos medios previstos na lei. Máis información, nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Bola en horario de oficina.

Volver