Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE TRES POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE VILAMARÍN

10 Xun 2020

Son contratos para pións

O concello de Vilamarín fai público no BOP do 10 de xuño, unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso de tres pións forestais en réxime laboral temporal a xornada completa, o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso.

 

1. Número de prazas: tres

2. Denominación: pións forestais

3. Modalidade de contratación: contrato por obra ou servizo, de duración determinada a xornada completa

4. Sistema de selección: concurso.

5. Duración do contrato: 4 meses e 20 días.

6. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do Concello de Vilamarín, situado en Avda. Santiago Apostol, n.º 5 (32101 – Vilamarín), en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de octubre, del procedimiento administrativo común de las administraciones públicas.

7. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica: www.vilamarin.sedelectronica.es

Volver