Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE TRES POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE TOÉN

08 Mar 2017

Son prazas temporais para oficiais de canteiría e albanelería

O concello de Toén, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir tres postos de traballo de persoal laboral temporal, publica no BOP do 8 de marzo o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso (expediente: 62/2017). Trátase de tres postos para operari@s de servizos varios. 2 deles son para oficiais de cantería, con duración de 9 meses (1) e 6 meses (1), e outro deles para oficial de albanelería, 6 meses. A modalidade de contratación serán contratos laborais temporais por obra/servizo determinado a tempo completo. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. As bases da convocatoria poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal http://concellodetoen.sedelectronica.es. O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles, contados dende o día seguinte á publicación do anuncio no BOP (8/3/17), no rexistro do concello de Toén (Rúa Vilar, n.º 65, 32930, Toén), en horario de 8.30 horas a 14.30 horas, ou por calquera outro medio admitido en dereito.

Volver