Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE TRES POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE TOEN

04 Mai 2023

Son postos para operarias/os de servizos e pion/pioa de roza forestal

O concello de Toen, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir dous (2) posto de traballo de persoal laboral de operario/a de servizos, publica o resumo da convocatoria no BOP do 4 de maio, para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo (expediente 241/2023).

Número e denominación do posto: dous (2) traballadores/as para o posto de operario/a de servizos.

Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por circunstancias da produción, a tempo completo.

Duración do contrato: 3 meses.

Sistema de selección: concurso de méritos.

Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal (https://concellodetoen.sedelectronica.es)

Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, que contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro electrónico do concello de Toén dispoñible na sede electrónica no rexistro do concello de Toén https://concellodetoen.sedelectronica.es, na Oficina de Asistencia en Materia de Rexistros situada na rúa Ribadela, 1, 32930 Toén, en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio dos que establece o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

 

O concello de Toen, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir un (1) posto de traballo de persoal laboral de peón/peoa de roza forestal, publica no BOP do 4 de maio o resumo da convocatoria, para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo (expediente 242/2023).

Número e denominación do posto: un (1) traballador/a para o posto de pión/pioa para roza forestal.

Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por circunstancias da produción, a tempo completo.

Duración do contrato: 3 meses.

Sistema de selección: concurso de méritos.

Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal (https://concellodetoen.sedelectronica.es).

Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro electrónico do concello de Toén, dispoñible na sede electrónica no rexistro do concello de Toén https://concellodetoen.sedelectronica.es, na Oficina de Asistencia en Materia de Rexistros, situada na rúa Ribadela, 1, 32930, Toén, en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio dos que establece o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Volver