Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE TRES POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE TOEN

03 Mar 2022

Son para oficiais de canteiría e pións

O concello de Toén fai público no BOP do 3 de marzo, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir 3 postos de traballo de persoal laboral temporal, o resumo da convocatoria para coñecemento xeral e chamamento ao proceso selectivo (exp. 116/2022).

Número e denominación dos postos: operario/a de servizos varios (2 oficiais de cantería e 1 pión/pioa de albanelería)
Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo
Duración do contrato: 6 meses
Sistema de selección: concurso de méritos
Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica
municipal (https://concellodetoen.sedelectronica.es)
Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, que contarán desde o día seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP, no Rexistro Electrónico do Concello de Toén, dispoñible na sede electrónica no Rexistro do Concello de Toén https://concellodetoen.sedelectronica.es, na oficina de asistencia en materia de rexistros situada na rúa Ribadela, 1, 32930, Toén, en horario de 8.30 a 14.30 h, ou por calquera outro medio establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Volver