OFERTA DE TRES POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE SAN CRISTOVO DE CEA
Trátase de contratos de seis meses de duración
O concello de San Cristovo de Cea fai públicas no BOP as convocatorias de selección de persoal laboral temporal de dous/dúas auxiliares do servizo de axuda no fogar e dun/dunha peón/peoa de medio ambiente, para o ano 2022:
1. Número e denominación: 2 auxiliares de axuda no fogar e 1 pión/pioa de medio ambiente.
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por tempo determinado, a xornada completa.
3. Duración do contrato: 6 meses.
4. Sistema de selección: concurso-oposición.
5. Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais, na web (www.concellodecea.com) e na sede electrónica do concello de San Cristovo de Cea.
6. Prazo de presentación das solicitudes: 5 días naturais, que contarán desde o día seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP da Provincia de Ourense.

