OFERTA DE TRES POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE SAN CIBRAO
Son pra oficial de segunda e pións
Bases para a selección de persoal laboral temporal para cubrir dous postos de traballo de pións da construción
É obxecto desta convocatoria pública polo sistema de concurso-oposición, a contratación baixo a modalidade de contrato de duración determinada por obra ou servizo, regulado no artigo 15.1 a) do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores, dos postos de traballo que a continuación se relacionan:
- Dous pións de construción para o servizo de mantemento de vías públicas e infraestruturas municipais. Duración máxima de seis meses.
Bases para a selección de persoal laboral temporal para cubrir un posto de traballo de albanel oficial de segunda de construción
É obxecto da presente convocatoria pública, polo sistema de concurso-oposición, contratar, baixo a modalidade de contrato de duración determinada por obra ou servizo, regulado no artigo 15.1 a) do R.D. Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido do Estatuto dos traballadores, os postos de traballo que a continuación se relacionan:
- Un/unha albanel oficial 2.ª de construción para o servizo de vías públicas e infraestruturas municipais. Duración máxima: 6 meses.
Descarrega as bases abrindo o pdf que está debaixo da fotografía

