Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE TRES POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE LEIRO

30 Mai 2020

Son contratos de 4 meses de duración

O concello de Leiro fai pública no BOP do 30 de maio a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas o 14 de maio de 2020:

1.- Número e denominación das prazas: tres traballadores/as para prestar servizo como peóns de servizos múltiples

2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa (40 horas semanais)

3.- Duración do contrato: ata fin de obra (aproximadamente 4 meses)

4.- Sistema de selección: concurso-oposición

5.- Lugar e prazo de presentación de instancias: no rexistro do concello, de 9:00 a 14:00 h., ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de cinco días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

6.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección atópase a disposición do público no concello, na páxina web (http://www.concellodeleiro.com) e na sede electrónica (https://leiro.sedelectronica.es)

Volver