Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE TRES POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE ENTRIMO

04 Mar 2017

Trátase de tres prazas de auxiliares de axuda no fogar

O concello de Entrimo publica no BOP do 4 de marzo a convocatoria para a contratación laboral temporal, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data do 23.02.2017 para 3 auxiliares de axuda no fogar, xornada a tempo completo, de luns a domingo, incluíos festivos. A modalidade de contratación será por obra ou servizo determinado, sendo a duración do contrato para 2 durante 12 meses, e para  1 durante 7 meses. O sistema de selección será por concurso de méritos. As retribucións totais son 859,06 €/mes (incluída pppe). O prazo de presentación de instancias é de 5 días naturais contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP (4/3/17), no rexistro do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. A exposición do texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello.

Volver