OFERTA DE TRES POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE CORTEGADA
Son contratos a tempo parcial
O concello de Cortegada fai pública no BOP do 24 de abril a convocatoria para a contratación de persoal laboral.
Número e denominación dos postos: 3 pións/pioas de servizos múltiples.
Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a tempo parcial (75%).
Duración do contrato: 5 meses.
Sistema de selección: concurso-oposición.
Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 4 días naturais, que contarán desde o día seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP, no Rexistro do Concello de Cortegada ou por calquera outro medio que establece o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
O texto completo das bases da convocatoria poderase obter nas oficinas municipais e na sede electrónica municipal (https://cortegada.sedelectronica.es)