Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE TRES POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE COLES

14 Xan 2023

Son para auxiliares de axuda no fogar

O concello de Coles fai pública no BOP do 14 de xaneiro a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, en cumprimento do decreto do alcalde do día 12/01/2023.

01. Número de prazas: 3.
02. Denominación: traballador/a dos coidados persoais a domicilio (auxiliar de axuda no fogar).
03. Modalidade de contratación: 3 contratos laborais temporais, a xornada completa, por circunstancias da produción, cunha duración de 6 meses.
04. Sistema de selección: concurso de méritos.
05. Salario bruto mensual (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias): 1.604,77 euros
06. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes e alegacións ás bases de selección: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello de Coles, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, excepto festivos.
10. O texto íntegro das bases de selección está a disposición das persoas interesadas na sede electrónica do concello de Coles: concellodecoles.sedelectronica.gal

Volver