Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE TRES POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE CELANOVA

23 Out 2019

Traballarán nas escolas deportivas

O concello de Celanova fai pública no BOP do 23 de outubro a convocatoria do proceso selectivo e as bases xerais e específicas que han de rexer a convocatoria para a selección e posterior contratación laboral temporal de tres (3) persoas traballadoras para a realización de obras ou servizos determinados en relación coa prestación do servizo público de competencia municipal de escolas deportivas do concello de Celanova, polo sistema de concurso de valoración de méritos

O obxecto da presente convocatoria a selección e posterior contratación laboral temporal de tres (3) persoas traballadoras para a realización dos proxectos de obra ou servizo determinados que a continuación se indican durante os períodos de tempo que así mesmo se expresan en relación coa prestación do servizo público de competencia municipal de escolas deportivas do Concello de Celanova:
a) Obra ou servizo determinado a desenvolver durante o período comprendido entre o 01/11/2019 e o 31/08/2020.
- Monitor/a deportivo/a-mantemento e actividades
b) Obra ou servizo determinados a desenvolver durante o período comprendido entre o 01/11/2019 e o 31/05/2020:
- Monitor/a de ximnasia rítmica, ao 45% da xornada.
- Monitor/a de zumba, ao 30% da xornada

O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días naturais

Pra descarregar as bases do proceso abre o pdf que está debaixo da fotografía

Volver