Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE TRES POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE CARTELLE

04 Mai 2021

Son contratos de tres e seis meses de duración

Por decreto da alcaldía, con data do 27 de abril de 2021, publica no BOP do 4 de maio o concello de Cartelle a aprobación das bases específicas para a selección e posterior contratación de tres traballadores, de conformidade co Programa de cooperación subscrito coa Deputación de Ourense en materia de empregabilidade, para o exercicio 2021.
Denominación dos postos, duración do contrato e clase de persoal:
1. Un/ha pión forestal encargado, seis meses e persoal laboral temporal.
2. Un/ha pión forestal, durante tres meses e medio e persoal laboral temporal.
3. Un/ha mantedor/a de instalacións deportivas, tres meses e persoal laboral temporal.
Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres. Máis información, nas bases específicas da convocatoria que poderán ser consultadas na casa do concello de Cartelle, en horario de oficina e na sede electrónica do
concello: cartelle.sedelectronica.gal

Volver