Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE TRES POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS

27 Mai 2021

Fan públicas as bases no BOP

O concello de Carballeda de Valdeorras publica no BOP do 27 de maio as bases que rexerán a contratación como persoal laboral temporal a xornada completa durante cinco meses dunha brigada medioambiental integrada por un/ha encargada/o – capataz (forestal ou similar) e dúas/ dous pións de servizos varios (forestal ou similar) para a prestación de servizos de conservación, mantemento e roza - limpeza de espazos públicos.

1ª.- As presentes bases teñen por obxecto regular a contratación temporal a xornada completa para obra ou servizo determinado durante cinco meses dunha brigada medioambiental integrada por un/ha encargada/o – capataz (forestal ou similar) e dúas/dous pións de servizos varios (pión forestal ou similar) para a prestación de servizos de conservación, mantemento, roza e limpeza de espazos públicos.

As retribucións que se percibirán serán as establecidas no convenio colectivo para o sector de actividades forestais para as funcións de capataz forestal e pión forestal.

2ª.- A selección realizarase por concurso de méritos de conformidade cos seguintes criterios de valoración ou puntuación destes:

− 1 punto por estar en situación de paro inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante de emprego no posto de traballo de encargada/o - capataz (forestal ou similar) ou pión (forestal ou similar).

− 6 puntos máximo por experiencia profesional, de conformidade coa seguinte valoración:

a) 1 punto por cada mes completo de prestación de servizos como persoal laboral a xornada completa na categoría de encargada/o – capataz (forestal ou similar) ou pión de servizos (forestal ou similar) contratado por este concello.

b) 0,80 puntos por cada mes completo de prestación de servizo como persoal laboral a xornada completa na categoría de encargada/o – capataz (forestal ou similar) ou pión de servizos (forestal ou similar) contratado por calquera outra administración pública distinta deste concello ou por calquera outra institución pública ou empresa privada.

A experiencia profesional acreditarase mediante presentación de copias dos contratos de traballo ou certificados de empresa e certificado de vida laboral autorizada.

− 1 punto por coñecemento do territorio, que se acreditará mediante certificado de empadroamento no municipio de Carballeda de Valdeorras cunha antigüidade superior a 1 ano.

En caso de empate resolverase a favor do/a candidato/a que acredite unha maior prestación de servizos como persoal contratado por este concello no posto de traballo da categoría á que opte (encargada/o – capataz ou pión).

3ª.- As instancias ou solicitudes asinadas polos/as solicitantes para tomar parte no proceso de selección, dirixidas á alcaldesa, xunto coa documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos e cos méritos para valorar presentaranse no Rexistro Xeral do concello dentro do prazo de cinco días hábiles a partir da publicación da convocatoria no BOP, e no taboleiro de edictos e anuncios da páxina web do concello, facendo constar que se cumpren os requisitos indicados na base 4ª, previstos no art. 56 do Real decreto 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público para participar no proceso de selección. A presentación de instancias ou solicitudes por calquera outro medio dos previstos na Lei de procedemento administrativo común das administracións públicas, distinto da presentación no Rexistro Xeral ou a través da sede electrónica deste concello, comunicarase a este concello dentro do prazo de presentación de solicitudes mediante correo electrónico ao enderezo: administracion@concellocarballedavaldeorras.com , ou ao fax (988 335 379), achegando copia da instancia e documentación presentada. Xunto coa instancia achegarase copia do DNI ou documento acreditativo da personalidade no caso de ser estranxeiro; así como n.º de teléfono e enderezo de correo electrónico para efectuar as comunicacións e notificacións que procedan.

4ª.- Para participar no proceso de selección, os/as aspirantes reunirán os requisitos previstos no artigo 56 do Real decreto 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no art. 57 do Real decreto 5/2015, para o acceso ao emprego público de nacionais doutros estados; posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas obxecto de contrato; ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa; non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas, nin acharse inhabilitado para emprego público, e ademais estar os que opten á contratación como encargada/o - capataz da brigada, deberán estar en posesión do permiso de conducir de clase B.

5ª.- As listas de admitidos e excluídos publicaranse no taboleiro de anuncios do concello ao día seguinte ao da finalización do prazo de presentación de instancias.

6ª.- O tribunal ou órgano encargado da cualificación, de conformidade  coas presentes bases, dos méritos achegados por cada un/unha dos/das solicitantes será designado por resolución da Alcaldía do Concello de Carballeda de Valdeorras, e exposto ao público no taboleiro de edictos e anuncios da páxina web do concello.

7ª.- Unha vez valorados todos os méritos alegados polos/as aspirantes que reúnan as condicións esixidas nestas bases, expoñerase no taboleiro de edictos e anuncios da páxina web do concello a puntuación outorgada a cada un/a deles/as e a proposta de contratación a favor dos/as candidatos/as que obtivesen a maior puntuación.

8ª.- Os/As aspirantes seleccionados/as, se non presentasen xunto coa instancia a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previstos no artigo 56 do Real decreto 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, presentarana no día seguinte hábil ao de publicación, no taboleiro de anuncios do concello, das listas coa puntuación outorgada a cada aspirante e coa proposta dos/as aspirantes seleccionados/as.

9ª.- O contrato que se lles realice ás persoas seleccionadas será por obra ou servizo determinado (encargada/o - capataz e pión de servizos varios), cunha duración de cinco meses para a prestación de servizos de conservación, mantemento, roza e limpeza de espazos públicos; financiándose en parte con cargo á subvención concedida pola Deputación Provincial – Programa de Empregabilidade do ano 2021 – e na parte restante con cargo aos recursos propios do concello, existindo crédito adecuado e suficiente na correspondente aplicación orzamentaria do orzamento do corrente exercicio para a súa execución, sen prexuízo do seu cofinanciamento polas subvencións que se poidan conceder para a súa realización neste exercicio

Volver