OFERTA DE TRES POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE BOBORÁS
Son para pións de servizos múltiples
Mediante a resolución de alcaldía do 10 de marzo de 2022, o concello de Boborás aprobou as bases de selección para a contratación de persoal laboral temporal e fixo pública a convocatoria no BOP do 14 de marzo:
1. Número e denominación das prazas: 3 traballadores/as para prestar o servizo como pións/pioas de servizos múltiples.
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal, a xornada parcial (30 horas semanais).
3. Duración do contrato: nove meses.
4. Sistema de selección: concurso-oposición.
5. Lugar e prazo de presentación das solicitudes: no rexistro do concello, de 9.00 a 14.00 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de cinco días naturais, que contarán desde o seguinte ao de publicarse este anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
6. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección atópase á disposición do público no concello, na web
(www.boboras.gal) e na sede electrónica (https://boboras.sedelectronica.gal).

