OFERTA DE TRES POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE AVION
Son contratos temporais para pións
O concello de Avión fai pública no BOP do 22 de maio a convocatoria para a contratación laboral que se indica:
1.- Número e denominación das prazas: tres pións de obras públicas para a súa adscrición ao Programa provincial de empregabilidade 2021.
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal, a xornada completa, de duración determinada por obra ou servizo determinado.
3.- Duración do contrato: 4 meses.
4.- Sistema de selección: concurso.
5.- Lugar e prazo de presentación de solicitudes: no rexistro xeral do concello de Avión, ou a través da súa sede electrónica, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, nos 5 días naturais contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.
6.- Exposición das bases: o texto completo das bases estará publicado no taboleiro de anuncios e no portal de transparencia do concello de Avión: https://avion.sedelectronica.es/transparency/

