OFERTA DE TRES POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DA RUA
Son para pións dentro do programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade
O concello da Rua fai pública no BOP do 26 de marzo a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 22 de marzo de 2019:
1.- Numero e denominación das prazas: tres traballadores operarios (peón) para a realización do programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade.
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa.
3.- Duración do contrato: tres meses.
4.- Sistema de selección: concurso de méritos.
5.- Retribucións: convenio colectivo de persoal laboral do concello da Rúa.
6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Ourense, mediante instancia presentada no Rexistro do Concello da Rúa ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7.- Exposición das bases: o texto completo da bases da selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal, https://arua.sedelectronica.gal

