OFERTA DE TRES POSTOS DE PIÓNS NO CONCELLO DE BOBORÁS
Son contratacións laborais temporais
O concello de Boborás fai pública no BOP do 23 de abril a convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral de 3 pións de servizos múltiples. A alcaldía, mediante resolución do 08/04/2019, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para a selección e contratación de 3 peóns de servizos múltiples. As/Os interesadas/os poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do Concello, de 8.00 a 15.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de cinco días hábiles contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan á disposición do público no concello e na páxina web www.boboras.gal

