Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE TRES POSTOS DE CHÓFER MOTOBOMBA EN MANZANEDA

05 Xul 2016

Son contratos laborais temporais

O concello de Manzaneda, mediante decreto da alcaldía do día 1 de xullo de 2016, aprobou as bases para a selección de persoal para tres postos de chofer do vehículo motobomba do concello de Manzaneda. A denominación do posto de traballo é Chofer vehículo motobomba, o grupo de función é o III; o nº dotacións é 1, e o tipo de contrato e obra ou servizo xornada completa. A citada contratación vén derivada da necesidades de dar cobertura ao convenio coa Consellería do Medio Rural para a participación na Campaña de prevención e extinción de incendios do ano 2016. As funcións que desempeñarán son as seguintes: Manexo do vehículo motobomba do concello e participación nos labores de prevención e extinción de incendios baixo a dirección do persoal técnico da Consellería de Medio Rural e a dependencia orgánica e funcional desta Alcaldía. Nos días en que non se produzan incendios, atoparanse de retén por se xurdira calquera eventualidade e realizarán, baixo a dirección da alcaldía, aqueles labores de prevención que se lles encomenden. Limpeza e mantemento do vehículo, control de carburante, de fluídos, do estado dos pneumáticos, etc ...Calquera outras que a alcaldía lles encomende e estean relacionadas co posto a que se opta. O persoal contratado prestará os seus servizos de luns a domingo, en quendas de mañá e/ou tarde e/ou noite. As retribucións virán determinadas segundo o convenio de colaboración subscrito coa Consellería do Medio Rural. Para participaren, os/as aspirantes deberán reunir, ademais dos requisitos establecidos na base segunda, os seguintes títulos académicos en función do posto que van desenvolver. As solicitudes para participar neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ao  alcalde e deberán presentarse no rexistro do concello (os días laborais de 9.00 a 13.30 horas) durante o prazo de 7 días naturais, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (5/7/16). As bases estarán a disposición dos/as interesados/as na secretaría municipal, en horario de 9.00 a 13.30 horas, os cales
poderán solicitar copias en calquera momento, dentro do horario de oficina, chamando ao teléfono 988 33 30 43.

Volver