Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE TRES POSTOS DE AXUDA A DOMICILIO NO CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN

13 Dec 2021

Trátase de contratos a xornada completa e parcial durante seis e tres meses

O concello de Calvos de Randín fai pública a convocatoria para a contratación laboral dun/unha auxiliar de axuda a domicilio durante seis meses a xornada completa,un/unha auxiliar de axuda a domicilio durante seis meses a xornada parcial e un/unha auxiliar de axuda a domicilio durante tres meses a xornada parcial, segundo as bases aprobadas por Resolución da Alcaldía do 07/12/2021.
1.º Número, denominación, modalidade e duración das prazas: un/unha auxiliar de axuda a domicilio durante seis meses a xornada completa, un/unha auxiliar de axuda a domicilio durante seis meses a xornada parcial e un/unha auxiliar de axuda a domicilio durante tres meses a xornada parcial.
2.º Sistema de selección: concurso de méritos
3.º Lugar e prazo de presentación das solicitudes: 5 días hábiles,que contarán desde o seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP. Se o último día coincide en sábado ou domingo, pasará o luns seguinte. Presentarase no Rexistro do concello de Calvos de Randín, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
No caso de presentar a solicitude noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello:(concello.calvosderandin@eidolocal.es) unha copia desta o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.
4.º Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver