Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE TRECE PRAZAS NO CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN

05 Xul 2016

Son para 6 pións, 2 pións condutor@s, 2 xef@s de brigada e 3 condutor@s de coche bomba

O concello de Calvos de Randín fai unha nova convocatoria para a contratación laboral, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 29.06.2016. Son para seis prazas de pións forestais, dous pións condutores forestais, dous xef@s de brigada forestais e tres condutor@s de coches-bomba de incendios. A modalidade de contratación serán contratos laborais temporais a xornada completa para os pións forestais, pións condutoresforestais, xef@s de brigada forestais e para os condutor@s de coches-bomba. A duración do contrato é de tres meses para os pións forestais, tres meses para os pións condutores forestais, tres meses para @s xef@s de brigadas forestais e dous meses e medio para os condutores de coches-bomba de incendios. O sistema de selección é por concurso de méritos. O lugar e prazo de presentación de instancias é de 3 días hábiles,contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP (5/7/16), se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte, no rexistro do concello de Calvos de Randín, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello (concello.calvosderandin@eidolocal.es) copia desta o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial. A exposición do texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello

Volver