Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE TRECE POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DOS BLANCOS

09 Xun 2021

Son prazas para socorrista, brigadas forestais e monitor@s de tempo libre

O concello dos Blancos fai públicos no BOP do 9 de xuño tres anuncios con ofertas de 13 postos de traballo temporais. Son os seguintes:

1.- Por decreto da alcaldía do 3 de xuño de 2021, aprobáronse as bases específicas para a selección e posterior contratación de dez traballadores/as para formar dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello dos Blancos para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa.

Denominación dos postos: 2 xefes/as de brigada, 2 pións condutores/as con carné B e seis pións/as de brigada

Duración do contrato: tres meses

Clase de persoal: laboral temporal

Prazo de presentación das solicitudes: nos sete días naturais seguintes ao de publicarse o anuncio da convocatoria no BOP, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres

Máis información nas bases específicas da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello dos Blancos, en horario de oficina, e na sede electrónica do concello: osblancos.sedelectronica.gal

 

2.- Por decreto da alcaldía do 3 de xuño de 2021, aprobáronse as bases específicas para a selección e posterior contratación de dous/dúas traballadores/As no posto de monitor/a de tempo libre, de conformidade co programa de cooperación subscrito coa Deputación de Ourense en materia de mocidade.

Denominación dos postos: monitor/a de tempo libre

Duración do contrato: dous meses

Clase de persoal: laboral temporal

Prazo de presentación das solicitudes: nos sete días naturais seguintes ao de publicarse o anuncio da convocatoria no BOP, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases específicas da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello dos Blancos, en horario de oficina, e na sede electrónica do concello: osblancos.sedelectronica.gal

 

3.- Por decreto da alcaldía do 3 de xuño de 2021, aprobáronse as bases específicas para a selección e posterior contratación dun traballador ou traballadora como socorrista nas piscinas municipais.

Denominación do posto: socorrista

Duración do contrato: dous meses

Clase de persoal: laboral temporal

Prazo de presentación das solicitudes: nos sete días hábiles seguintes ao de publicarse o anuncio de convocatoria no BOP, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases específicas da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello dos Blancos, en horario de oficina, e na sede electrónica do concello: osblancos.sedelectronica.gal

Volver