OFERTA DE TRECE POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE VILAR DE BARRIO
Faino en dúas convocatorias
O concello de Vilar de Barrio fai públicas dúas convocatorias no BOP do 20 de xuño onde se ofertan un total de 13 postos de traballo temporais. Son as seguintes:
1ª.- Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación:
1. Número e denominación das prazas: 2 xefes/as de brigada, 2 pións/pioas condutores/as e 6 pións/pioas de brigada para a formación en 2023 de 2 brigadas de prevención e defensa de incendios forestais.
2. Modalidade de contratación: temporal de duración determinada (DA quinta do RDL 32/2021, do 28 de decembro), a xornada completa.
3. Duración do contrato: tres meses.
4. Sistema de selección: concurso de méritos.
5. Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, que contarán desde o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
6. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal, https://vilardebarrio.sedelectronica.gal.
2ª.- Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación:
1. Número e denominación das prazas: tres encargados/as do manexo do vehículo motobomba para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante o exercicio 2023
2. Modalidade de contratación: temporal de duración determinada (DA quinta do RDL 32/2021, do 28 de decembro), a xornada completa
3. Duración do contrato: 3 meses
4. Sistema de selección: concurso de méritos