OFERTA DE TRECE POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE VILAR DE BARRIO
Serán para chóferes e brigadas forestais
O concello de Vilar de Barrio publica no BOP do 7 de xuño as convocatorias para 13 postos de traballo temporais. Son as seguintes:
Convocatoria para a contratación laboral de dúas brigadas de prevención e defensa contra os incendios forestais durante o ano 2021, segundo as bases aprobadas por Resolución de alcaldía do 3 de xuño de 2021
1. Número e denominación dos postos: dous/dos xefes/as de brigada, dous/dúas pións condutores/as e seis pións
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por
obra/servizo determinado a tempo completo
3. Duración do contrato: tres meses
4. Sistema de selección: concurso-oposición
5. Bases da convocatoria: nas oficinas municipais https://vilardebarrio.sedelectronica.gal
6. Prazo de presentación das solicitudes: cinco días hábiles, que contarán a partir do seguinte ao de publicarse este anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
Convocatoria para a contratación laboral de tres condutores/ as do vehículo motobomba, para participar na prevención e defensa contra incendios forestais durante o exercicio 2021, segundo as bases aprobadas por Resolución da Alcaldía do 3 de xuño de 2021
1. Número e denominación dos postos: tres condutores/as de vehículo motobomba
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado, a tempo completo
3. Duración do contrato: tres meses
4. Sistema de selección: concurso-oposición
5. Bases da convocatoria: nas oficinas municipais www.vilardebarrio.com, https://vilardebarrio.sedelectronica.gal
6. Prazo de presentación das solicitudes: cinco días hábiles, que contarán a partir do día seguinte ao de publicarse o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense

