OFERTA DE TRECE POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE MONTEDERRAMO
Formarán as brigadas contra incendios forestais
O concello de Montederramo fai público no BOP do 24 de xuño a convocatoria de selección de persoal para a provisión dos seguintes postos de traballo, durante tres meses, a xornada completa, por quendas:
2 xefes/as de brigada contra incendios forestais
2 pións/as condutores/as para mobilidade do persoal das brigadas
6 pións/peoas forestais de brigada
3 condutores/as de vehículo motobomba.
A alcaldía, mediante a resolución do 21/06/2021, aprobou as bases ás que se axustará o concurso para seleccionar e contratar temporalmente o citado persoal. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, durante o prazo de cinco días naturais, desde o seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP de Ourense, presencialmente, ou a través da sede electrónica municipal: (https://montederramo.sedeelectronica.gal)
As solicitudes recollerán os requisitos que establecen as bases, que se atopan á disposición do público no taboleiro de anuncios municipal e na citada sede electrónica.

