Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE TRABALLO PARA PIÓNS DE ALBANEL NO CONCELLO DE CASTRELO DO VAL

30 Mai 2019

Son dous postos de traballo

O concello de Castrelo do Val fai pública no BOP do 30 de maio a convocatoria de selección de persoal para a provisión dos postos de traballo pra 2 pións de albanel. A xunta de goberno, na sesión que tivo lugar o día 10 de maio de 2019, aprobou as bases ás que se axustará o concurso de méritos para seleccionar e contratar temporalmente 2 pións albaneis. Os/as interesados/as poderán presentaras as súas solicitudes no rexistro do concello, de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases que se atopan a disposición do público no Concello e na páxina web: www.castrelodoval.gal

Volver