OFERTA DE TRABALLO PARA DOUS PIÓNS NO CONCELLO DE MANZANEDA
Son postos laborais temporais
O concello de Manzaneda mediante decreto da alcaldía do día 4 de abril de 2017 deuse aprobación ás bases para a selección de dous pións, persoal laboral do concello de Manzaneda. Os/as aspirantes deberán reunir, ademais dos requisitos establecidos na base terceira, os requisitos académicos:
- Pión: estar en posesión do Título de Certificado de Escolaridade ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ao señor alcalde e deberán presentarse no rexistro do concello (os días laborais de 9.00 a 13.30 horas) durante o prazo de 10 días naturais, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (20/04/2017). As bases estarán a disposición dos/as interesados/as na Secretaría Municipal, en horario de 9.00 a 13.30 horas, os cales poderán solicitar copias en calquera momento, dentro do horario de oficina, chamando o teléfono 988 333 0 43 ou na páxina web do concello www.concellodemanzaneda.es.

