OFERTA DE TRABALLO PARA 2 PIÓNS NO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO
Son contratos a xornada parcial
O concello de Castrelo de Miño, unha vez aprobadas as Bases reguladoras da selección para a cobertura, con carácter laboral temporal, de dous/dúas (2)peóns/peoas de servizos múltiples, publica no BOP do 19 de marzo a convocatoria, para coñecemento xeral:
1. Número e denominación do posto: dous/dúas (2) postos de pións/pioas de servizos múltiples.
2. Modalidade de contratación: laboral temporal de duración determinada, a xornada parcial.
3. Sistema de selección: concurso-oposición.
4. Bases da convocatoria: están publicadas integramente no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello:
https://castrelo.sedelectronica.gal
5. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: cinco (5) días hábiles, que contarán a partir do seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello de Castrelo de Miño, en horario de 8.30 a 15.00 horas; na sede electrónica do concello ou a través de calquera dos medios que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

