Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE TRABALLO NO CONCELLO DE MANZANEDA

10 Abr 2019

Trátase de dous contratos para pións

O concello de Manzaneda fai público no BOP do 10 de abril que, mediante decreto da alcaldía do concello de Manzaneda, do día 26 de marzo de 2019, deuse aprobación ás bases para a selección de dous pións, persoal laboral do concello de Manzaneda.
Os/as aspirantes deberán reunir, ademais dos requisitos establecidos na base terceira, os requisitos académicos:

- Pión: Estar en posesión do título de Certificado de Escolaridade ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ao señor alcalde e deberán presentarse no rexistro do concello (os días laborais de 9.00 a 13.30 horas) durante o prazo de 10 días naturais, que se iniciará o día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. As bases estarán a disposición dos/as interesados/as na secretaría unicipal, en horario de 9.00 a 13.30 horas, os cales poderán solicitar copias en calquera momento, dentro do horario de oficina, chamando ao teléfono 988 33 30 43 ou na páxina web do concello www.concellodemanzaneda.es

Volver