Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE TRABALLO NO CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN

17 Feb 2017

Trátase dun posto de auxiliar de axuda a domicilio

O concello de Calvos de Randín fai pública no BOP do venres 17 de febreiro a convocatoria para a contratación laboral, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 08.02.2017, pra unha praza de auxiliar de axuda a domicilio. A modalidade de contratación será un contrato laboral a xornada completa para o/a auxiliar de axuda a domicilio. A duración do contrato é de seis meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. O lugar e prazo de presentación de instancias é de 3 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte, no rexistro do concello de Calvos de Randín, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello  (concello.calvosderandin@eidolocal. es) copia desta o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial. A exposición do texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver