OFERTA DE SETE POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE VILAMARÍN
Son para auxiliares de axuda no fogar
O concello de Vilamarín fai público no BOP do 30 de novembro, unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso de sete auxiliares de axuda no fogar, en réxime laboral temporal a xornada completa e publica o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso.
1. Número de prazas: 7.
2. Denominación: auxiliar de axuda no fogar.
3. Servizo: Servizo de Axuda no fogar do concello de Vilamarín.
4. Modalidade de contratación: contrato por obra ou servizo, de duración determinada a tempo completo.
5. Sistema de selección: concurso.
6. Duración do contrato: 1 ano.
7. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 5 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello de Vilamarín, situado en Avda. Santiago Apóstol, núm. 5 (32101 – Vilamarín), en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
8. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica: https://vilamarin.sedelectronica.es/info.0

