Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE SETE POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DOS BLANCOS

30 Mar 2019

Son para pións e chóferes

O concello dos Blancos fai público no BOP do 30 de marzo por decreto de alcaldía de data do 21 de marzo de 2019, a aprobación das bases específicas para a selección e posterior contratación de traballadoras/es nos postos de chófer motobomba, pión de obra, tractorista e catro pións forestais de conformidade co programa de cooperación subscrito coa Deputación de Ourense en materia de empregabilidade.

Denominación dos postos: chofer motobomba, peón de obra, tractorista e catro peóns forestais

Duración do contrato: tres meses.

Clase de persoal: laboral temporal.

Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da onvocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases específicas da convocatoria que poderán ser consultadas no concello dos Blancos en horario de oficina.

Volver