Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE SETE POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE ENTRIMO

17 Dec 2019

Son para o Servizo de Axuda no Fogar

O concello de Entrimo fai público no BOP do 17 de febreiro a convocatoria para a contratación laboral temporal que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas pola resolución da alcaldía con data 11.12.2019:
1.- Número e denominación das prazas: 7 auxiliares de axuda no fogar, xornada a tempo completo, de luns a domingo, incluídos festivos.
2.- Modalidade de contratación: obra ou servizo determinado.
3.- Duración do contrato: seis durante doce meses e un para cubrir vacacións.
4.- Sistema de selección: concurso de méritos
5.- Retribucións totais: salario mínimo interprofesional (incluída pppe).
6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios e na sede electrónica municipal, http://entrimo.sedelectronica.es

Volver