Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE SEIS POSTOS TEMPORAIS NO CONCELLO DE TOEN

11 Mai 2017

Son para 2 operarios de servizos varios, 1 pión de cantería e 1 pión de albanelería e 2 pións forestais

O concello de Toén, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir catro postos de traballo de persoal laboral temporal, faise público o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso (expediente 149/2017). Trátase dos postos: 2 operarios de servizos varios, 1 pión de cantería e 1 pión de albanelería e 2 pións forestais. As duracións dos contratos son os seguintes:
• Operari@s de servizos varios: 6 meses
• Pións forestais: 3 meses
A modalidade de contratación será por contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo e o sistema de selección por concurso-oposición. As bases da convocatoria poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal http://concellodetoen.sedelectronica.es. O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles, contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no BOP (11/5/17), no rexistro do Concello de Toén (rúa Vilar 65, 32930, Toén), en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio admitido en dereito.

Volver