OFERTA DE SEIS POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE RIÓS
Son pra un/ha socorrista e a brigada antiincendios forestais
O concello de Riós fai público no BOP do 1 de xuño o anuncio de selección de persoal para a provisión dos postos de traballo para un/ha xef@ de brigada de prevención e extinción de incendios forestais, un/ha peón-condutor/a de prevención e extinción de incendios forestais, tres pións de prevención e extinción de incendios forestais e un/a socorrista/vixilante piscina municipal.
A alcaldía, mediante Resolución con data 29 de maio de 2018, aprobou as seguintes bases:
1º.- Selección de persoal para a provisión dos seguintes postos de traballo: un/ha xef@ de brigada de prevención e extinción de incendios forestais, un/ha peón-condutor/a de prevención e extinción de incendios forestais e tres peóns de prevención e extinción de incendios forestais. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no taboleiro de anuncios do concello en na páxina da sede electrónica deste: concelloderios.sedelectronica.gal.
2.- Selección de persoal: socorrista/vixiante piscina municipal.
“As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no taboleiro de anuncios do concello e na páxina da sede electrónica do mesmo: concelloderios.sedelectronica.gal . Os/as interesados/as serán convocados pola Oficina de Emprego de Verín xa que se procederá a presentar a oferta pública de emprego, posteriormente, e se procederá a realizar o proceso de selección de acordo coas bases previstas na convocatoria.”

