Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE SEIS POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE CHANDREXA DE QUEIXA

19 Xun 2020

Son contratos para pións e condutor/a de retroescavadora

O concello de Chandrexa de Queixa fai pública no BOP do venres 19 de xuño a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal baixo a modalidade de obra ou servizo determinado para os seguintes postos de traballo:
- Cinco pións de servizos múltiples.
- Un/ha condutor/a de máquina retroescavadora.
O Concello de Chandrexa de Queixa abre o prazo de presentación das instancias para a participación no proceso de selección por concurso de méritos que será de sete (7) días hábiles, computado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Os interesados poderán consultaras bases de selección na páxina web do concello: www.chandrexadequeixa.es/index.php/gl/

Volver