Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE SEIS POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN

06 Abr 2020

Son pra pión de obras, pión de maquinaria e catro pións forestais

O concello de Calvos de Randín fai pública a convocatoria para a contratación laboral dun/ha pión de obras, un/ha operario de maquinaria e catro pìóns forestais segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 16-03-2020.

1º.- Número e denominación das prazas: un/ha pión de obras, un/ha operario de maquinaria e catro pìóns forestais

2º.- Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa.

3º.- Duración do contrato: cinco meses para peón de obras, seis meses para operaria/o de maquinaria e tres meses para os pións forestais.

4º.- Sistema de selección: concurso de méritos.

5º.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días naturais, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte, no rexistro do Concello de Calvos de Randín, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello (concello.calvosderandin@eidolocal.es ) unha copia dela o mesmo día da súa  resentación, debidamente selada polo organismo oficial.

6º.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello

Volver