Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE SEIS POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DA BOLA

04 Xun 2021

Son para axente TIC e brigrada forestal

O concello da Bola fai públicas no BOP do 4 de xuño as seguintes convocatorias:

Convocatoria para contratar persoal laboral temporal na modalidade de obra ou servizo determinado para o seguinte posto de traballo:

-1 axente TIC para a aula CeMIT do Concello da Bola.

O Concello da Bola abre o prazo de presentación das solicitudes para participar no proceso de selección por concurso de méritos. O dito prazo será de tres (3) días naturais, que contarán a partir do seguinte ao de presentar este anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As persoas interesadas poderán recoller as bases de selección nas oficinas municipais, en horario de 9.00 a 14.00 h.

Asemade, aprobáronse as bases para a selección e posterior contratación de cinco traballadores/as para formar unha brigada de prevención e defensa contra incendios.

Denominación dos postos: un/unha xefe/a de brigada, un/ha pión condutor/a de brigada e tres pións de brigada

Duración do contrato: tres meses

Clase de persoal: laboral temporal

Prazo de presentación das solicitudes: nos tres días hábiles seguintes ao de publicarse o anuncio da convocatoria no BOP, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres ou por calquera medio establecido na lei.

Volver