Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE QUINCE POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NA MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO CARBALLIÑO

15 Xul 2019

Son postos para tres brigadas forestais

A mancomunidade de concellos do Carballiño fai público no BOP do 15 de xullo, que, por decreto da presidencia, con data 9 de xullo do 2019, aprobáronse as bases específicas para a selección e posterior contratación de quince traballadoras/es para a formación de tres brigadas de prevención e defensa contra incendios, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a consellería do Medio Rural e o Concello do Irixo para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais. Número e denominación das prazas: 3 brigadas para a prevención e defensa contra incendios forestais (3 xefas/es de brigada, 3 condutoras/es e 9 pións). Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo. Duración do contrato: 3 meses. Sistema de selección: concurso-oposición. Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao de publicación no BOP do anuncio de convocatoria, no rexistro xeral da mancomunidade dos concellos do Carballiño en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases específicas de convocatoria, que poderán ser consultadas na Mancomunidade dos concellos do Carballiño en horario de oficina e na sede electrónica: http://mancomunidademunicipioscarballino.sedelectronica.gal/

Volver