OFERTA DE POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE VIANA DO BOLO
Formarán dúas brigadas contra incendios forestais
O concello de Viana do Bolo fai pública no BOP do 30 de xuño a convocatoria do proceso selectivo de persoal laboral temporal no concello de Viana do Bolo, publicada no BOP do 30 de xuño, mediante o sistema de concurso-oposición libre para a contratación de brigadas de prevención, vixilancia e defensa contra os incendios forestais 2023.
Proceso selectivo
Mediante Resolución da Alcaldía n.º 2023-0587, do 27 de xuño, aprobáronse as Bases e convocatoria do proceso selectivo de persoal laboral temporal mediante o sistema de concurso-oposición libre para a formación de dúas brigadas de prevención e extinción de incendios forestais que prestarán servizo no concello de Viana do Bolo ao abeiro do “Convenio interadministrativo entre a consellaría do Medio Rural e a Entidade Local, concello de Viana do Bolo, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante o ano 2023-2024, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no Marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, co amparo da disposición adicional 5.ª da Lei 32/2021, da reforma laboral”, de acordo co seguinte detalle:
• Posto de traballo: xefe/a de brigada; Núm. Prazas: 2; Duración: 3 meses; Retribucións brutas mensuais: 1.460,00 €
(incluídas PPEE).
• Posto de traballo: peón/peoa de brigada-condutor/a; Núm. Prazas: 2; Duración: 3 meses; Retribucións brutas mensuais: 1.260,00 € (incluídas PPEE).
• Posto de traballo: pión/pioa de brigada; Núm. Prazas: 6; Duración: 3 meses; Retribucións brutas mensuais: 1.260,00 € (incluídas PPEE).
As bases da convocatoria atópanse expostas ao público á disposición das persoas interesadas nas oficinas municipais sitas
na rúa Constitución, núm. 14, de Viana do Bolo, así como no taboleiro de anuncios, na Sede Electrónica deste concello
[https://vianadobolo.sedelectronica.gal/info.0] e na páxina web www.vianadobolo.gal. O prazo de presentación de instancias será de 5 días hábiles, que contarán desde o seguinte aode publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.