Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE OITO POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR

13 Xul 2020

Son para pións forestais

O concello do Pereiro de Aguiar fai público no BOP do 11 de xullo a convocatoria de selección de persoal para a provisión dos seguintes postos de traballo: 8 prazas de pión forestal. Mediante a resolución da alcaldía do 8 de xullo de 2020, aprobáronse as bases reguladoras ás que se axustará a oposición para a selección e contratación temporal de oito pións forestais. As/Os interesadas/os poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 8:30 a 15:00 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no taboleiro do concello e na páxina web -www.concellopereiro.com

Volver