Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE OITO POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE SARREAUS

15 Xun 2023

Trátase de dúas convocatorias

O concello de Sarreaus fai públicas no BOP do 15 de xuño dúas convocatorias ofertando postos de traballo:

Convocatoria para a contratación laboral temporal que se indica a continuación:

1. Número e denominación das prazas: 1 brigada para a prevención e defensa contra incendios forestais (1 xefe/a de brigada, 1 condutor/a e 3 pións/pioas).

2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.

3. Duración do contrato: 3 meses.

4. Sistema de selección: concurso-oposición.

5. Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao da publicación no BOP do anuncio de convocatoria, no rexistro xeral do concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases específicas de convocatoria que poderán ser consultadas no concello de Sarreaus, en horario de oficina e na sede electrónica http://concellosarreaus.sedelectronica.gal/

 

Convocatoria para a contratación laboral temporal que se indica a continuación:

1. Número e denominación das prazas: 3 condutores/as encargados/as do manexo do vehículo motobomba.

2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.

3. Duración do contrato: 3 meses.

4. Sistema de selección: concurso-oposición.

5. Prazo de presentación de solicitudes: cinco días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.

6. As bases da convocatoria poderán ser consultadas no concello de Sarreaus en horario de oficina e na sede electrónica http://concellosarreaus.sedelectronica.gal/

 

Volver