OFERTA DE OITO POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE PORQUEIRA
Son postos para as brigadas contra incendios forestais
O concello de Porqueira fai públicas no BOP do 17 de xullo dúas convocatorias para contratacións laborais; son as seguintes:
Convocatoria para a contratación laboral que se indica, en cumprimento do decreto da alcaldía con data 09/07/2021:
1.- Número de prazas: 3
2.- Denominación: chofer de motobomba.
3.- Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.
4.- Xornada: 40 horas/semana (luns a venres)
5.- Sistema de selección: concurso de méritos
6.- Duración do contrato: 3 meses.
7.- Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 09.00 a 14.00 horas, de luns a venres.
8.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección atópase a disposición do público no concello, e na sede electrónica: porqueira.sedelectronica.gal
Asemade tamén foi publicado no mesmo BOP por resolución da alcaldía, con data do 9 de xullo de 2021, a aprobación das bases específicas para a selección e posterior contratación de cinco traballadores para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a consellaría do Medio Rural e do Mar e o Concello de Porqueira para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa.
Denominación dos postos: un/ha xefa/e de brigada, un/ha pión-condutor/a con carné B e tres pións de brigada.
Duración do contrato: tres meses.
Clase de persoal: laboral temporal.
Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días naturais incluíndo o da publicación do anuncio de convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 09.00 a 14.00 horas, de luns a venres.
Exposición das bases: o texto completo das bases de selección atópase a disposición do público no concello e na sede electrónica: porqueira.sedelectronica.gal

