Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE NOVE POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE AVIÓN

09 Mai 2022

Son postos para as brigadas de extinción de incendios

O concello de Avión fai pública no BOP do 7 de maio a convocatoria para a selección do persoal que se indica con cargo á subvención da Deputación ao abeiro do seu Programa de empregabilidade e do convenio coa Consellería do Medio Rural para a formación da brigada de extinción de incendios:

1. Prazas para cubrir mediante esta convocatoria e duración dos contratos:

Ao abeiro do Programa de empregabilidade da Deputación:

- 1 enxeñeira/o técnico forestal: tres meses.
- 3 pións: catro meses.

Ao abeiro do Convenio coa Consellería do Medio Rural para a prevención e defensa contra os incendios forestais:

- 1 xefe/a de brigada: tres meses.
- 1 pión condutor: tres meses.
- 3 pións: tres meses

2. Modalidade de contratación: contrato laboral de duración determinada por circunstancias da produción.
3. Sistema de selección: valoración de méritos e realización dunha proba de aptitude física.
4. Lugar e prazo de presentación de solicitudes: no Rexistro Xeral do Concello de Avión ou por calquera dos medios admitidos en dereito, nos 5 días naturais contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.
5. Exposición das bases: o texto completo estará publicado no taboleiro de anuncios e no Portal de Transparencia do Concello de Avión: https://avion.sedelectronica.es/transparency/

Volver