OFERTA DE NOVE POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE PIÑOR
Son contratos temporais
A alcaldía do concello de Piñor fai público no BOP do 29 de maio que, mediante resolución do día 24 de maio de 2021, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar catro pións forestais por un período de 3 meses e unha semana e o o concurso-oposición para seleccionar e contratar catro pións forestais e un xefe ou xefa de brigada por un período de 3 meses
Os/As interesados/as poderán presentar as súas solicitudes prioritariamente no Rexistro Electrónico do Concello (https://pinor.sedelectronica.gal), ou no seu caso no rexistro xeral deste concello, en horario 09:00 a 14:00, con cita previa, durante o prazo de 5 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases,que se atopan a disposición do público no concello e na sede electrónica deste (https://pinor.sedelectronica.gal/info.0)

