Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE NOVE POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE OÍMBRA

20 Feb 2020

Trátase de contratos temporais

A alcaldía do concello de Oímbra fai pública no BOP do 20 de febreiro  mediante resolución do 17 de febreiro de 2020, a aprobación das bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a un/unha administrativo/a do PIC, de trámites medioambientais e de arquivo, a un/unha chofer/esa de tractor-rozadora para o servizo de roza e prevención mecanizada 2020  e sete pións para a brigada de mantemento do concello de Oímbra.

Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co establecido nas bases aprobadas.

As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases,que se atopan a disposición do público no concello e na sede electrónica do concello oimbra.sedelectronica.gal

Volver