Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE FORMACIÓN: CURSOS CELGA E PREVENCIÓN DE RISCOS

22 Ago 2022

Trátase de formación gratuíta impartida pola Xunta de Galiza

O DOG do 19 de agosto fai públicas dúas novas convocatorias de formación de carácter gratuíto. Trátase dunha resolución da EGAP pola que se convocan cursos de prevención de riscos laboráis de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais e outra da da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Abrindo os pdf que están debaixo da fotografía poderás acceder ás publicacións das convocatorias

Volver