Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO NO CONCELLO DA RÚA DE VALDEORRAS

07 Feb 2017

Publican no BOP as bases dunha praza auxiliar de administración xeral

O concello da Rúa de Valdeorras fixo públicas no BOP do martes 7 de febreiro as bases reguladoras do proceso selectivo para a provisión dunha praza de auxiliar de administración xeral incluída na oferta ordinaria de emprego público do Concello da Rúa correspondente ao ano 2016. É obxecto das bases a regulación do proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de funcionario de carreira do concello da Rúa, incluída na oferta ordinaria de emprego público do ano 2016, aprobada por decreto da alcaldía do 30 de xuño de 2016 (DOG n.º 154, do 17 de agosto de 2016).

As características da praza convocada son:
Número de prazas: 1
Escala: administración xeral
Subescala: auxiliar.
Funcións da praza: incluirá a realización das seguintes funcións:
a) Realización de traballos de ofimática en xeral, incluíndo o manexo de programas de tratamento de textos e folla de cálculo, correo electrónico e aplicacións informáticas para a xestión electrónica integral dos procedementos administrativos
b) Redacción de documentos administrativos sinxelos conforme a instrucións específicas e modelos predeterminados, podendo incluír operacións de cálculo sinxelo.
c) Atención ao público, presencial, telefónica e on – line.
d) Realización de tarefas reprográficas e de dixitalización de documentos.
e) Tarefas materiais de cobro de ingresos municipais.
f) Arquivo de documentos.

Para descarregar as bases pica no pdf que está debaixo da fotografía

Volver