OFERTA DE EMPREGO PARA TRABALLAR NAS OBRAS DO AVE
As obras levaranse a cabo entre Vilar de Barrio e a Pobra de Sanabria
A Fundación Laboral da Construción está a buscar para unha empresa de construción unha persoa para traballar nas obras do AVE ás que dan servizo, entre Vilar de Barrio e a Pobra de Sanabria. Como requisitos imprescindíbeis solicitan que teñan o carné de conducir e curso básico de prevención de riscos laborais de 20 horas de duración. Tamén solicitan que teñan o seu domicilio pola zona da obra (Vilar de Barrio, Verín, A Gudiña, Pobra de Sanabria). Informan que o salario bruto é de 12.615 €. Pra máis información diríxete á fundación laboral da construción, con enderezo na estrada de Castro de Beiro nº 35 en Ourense e no teléfono 689 550 470.

