Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE EMPREGO NO CONCELLO DO BARCO

12 Dec 2016

Fan unha convocatoria de tres prazas para pións do GES

O concello do Barco de Valdeorras fai unha nova convocatoria de proceso de selección para a contratación laboral temporal, a través da modalidade contractual de servizo determinado, a xornada completa, de tres pións para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal da Zona de Valdeorras, con sede no Barco de Valdeorras, así como formación de bolsa de traballo para a categoría de pión do GES. Convocatoria do proceso de selección que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas mediante resolución de alcaldía de data 5 de decembro de 2016:
Denominación dos postos:
-Tres pións para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal da Zona de Valdeorras, con sede no Barco de Valdeorras, empregándose a modalidade contractual de servizo determinado, a xornada completa, sendo a duración máxima dos contratos até o 31/12/2018, finalizando nese momento a todos os efectos a relación laboral co concello, por ser esa a vixencia máxima do convenio e posteriores adendas ao que se adheriu o concello para a implantación do GES e subscrito entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias e as Deputacións Provinciais, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para a creación e implantación dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais, ao abeiro do cal se subvencionan ditas contratacións, podéndose cancelar os contratos con anterioridade ao 31/12/2018, no suposto de que o convenio deixara de estar en vigor por denuncia de calquera das partes que firmaron ou se adheriron ó mesmo, así como formación de bolsa de traballo para a categoría de pión do GES.
*Titulación e requisitos esixidos:
- Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, graduado escolar ou equivalentes a efectos laborais. (O certificado de escolaridade considérase  equivalente ao graduado escolar segundo Orde
ECD/1417/2012, do 20 de xuño pola que se establece a equivalencia do certificado de escolaridade e doutros estudos co título de graduado escolar regulado na Lei 14/1970, de 4 de agosto, xeral de educación e financiamento da reforma educativa, para efectos laborais); para titulacións obtidas no estranxeiro, deberá aportarse o documento que acredite de xeito fidedigno a súa homologación.
- Estar en posesión do permiso de condución en vigor, tipo C.
*Documentación:
- As esixidas nas bases de convocatoria que se entregarán na Oficina de Información do Concello do Barco de Valdeorras, e que estarán tamén dispoñibles na páx. web do concello: www.concellodobarco.org
*Presentación de instancias:
- No rexistro xeral do concello ou polas outras formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas no prazo de sete días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP (12/12/16), sendo o horario de presentación de
documentación de luns a venres: 9.00 a 14.00 horas. O mesmo día no que saia publicada a convocatoria do procedemento no BOP de Ourense, as bases se exporán na páxina web do concello (www.concellodobarco.org), expoñéndose tamén anuncio da convocatoria e forma de obter copia das bases no taboleiro de anuncios do Concello Vello (Praza do Concello, n.º 1); no suposto de non ser posible publicar as bases o mesmo día que saia publicada a convocatoria no BOP de Ourense, entón o prazo de presentación de solicitudes comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación das bases na páxina web do concello.

Volver